Xornadas de portas abertas no CEIP de Sandiás

📅 Luns 17 de febreiro ás 16:00

O CEIP de Sandiás ábrevos as súas portas para que coñezades de preto a súa proposta educativa. Unha escola rural que aposta por unha educación próxima, respectuosa e individualizada, cunha metodoloxía que combina a aprendizaxe activa e o contacto coa natureza.

Por que elixir o CEIP de Sandiás?

✔ Ensino personalizado con ratios reducidos.
✔ Un ambiente familiar e acolledor, onde cada neno e nena é protagonista da súa aprendizaxe.
✔ Un patio verde e horto escolar para fomentar a educación ao aire libre.
✔ Un comedor con cociña propia, menú supervisado por nutricionista e produtos de proximidade e tempada.
✔ Acollida temperá e actividades extraescolares organizadas pola ANPA.

Horario escolar

  • Luns a xoves: 10:00 – 16:00
  • Venres: 10:00 – 15:00

 

Anímate a coñecelos!

Se queres descubrir unha escola onde a educación vai máis aló das aulas, achégate o 17 de febreiro ás 16:00 e vive de primeira man a experiencia do CEIP de Sandiás.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?