A revista limiá Lethes vén de publicar unha achega sobre o retablo de Francisco de Moure da Freguesía de Santo Estevo de Vilar de Sandiás

A nosa veciña do pobo de Sandiás, Belén Gómez Manso, que conta cun mestrado en Patrimonio, é a autora do artigo publicado no recente nº15 da revista Lethes sobre o retablo de Francisco de Moure da Igrexa de Santo Estevo de Sandiás, cando cumple 500 anos de existencia. Fai un estudo sintético, claro, preciso e completo do retablo incluíndo os novos datos que ofrecen as investigacións máis recentes. O Concello de Sandiás xunto á Parroquia de Santo Estevo, impulsaron a iniciativa da publicación. Grazas á Revista Lethes por respostar positivamente a petición da publicación e a Belén polo seu magnífico traballo poñendo en valor o patrimonio do Concello de Sandiás.

A revista concentra os seus artigos na posta en valor da Vía Nova Romana. No que atinxe ao seu paso pola Alta Limia, caben destacar múltiples referencias o territorio que abrangue o concello de Sandiás, como por exemplo as referencias a Mansio Géminas dos Limici  (p.28), As Lombas da Via Nova (p.32) e os Miliarios do Campo da Lama de Vilariño das Poldras (p.45-46).

En relación co patrimonio natural da Vía Nova, fai referencia a Limia Alta (p.62,69), as explotacións mineiro-xeolóxicas das areeiras e charcas cheas de biodiversidade (p.69-70). Dende unha perspectiva histórica, antropolóxica e etnográfica destacan as referencias a Sandiás e a Lagoa dos clásicos da xeración Nós (p. 82,83) e das aportacións sobre o territorio de Sandiás de investigadores contemporáneos como Yolanda Barriocanal, Olga Gallego, Durany, Jorge Abraham Vila, entre outros. Tamén se fai un análise crítico e aportacións para o futuro respecto das experiencias museísticas da zona, entre elas, o Centro de Interpretación da Lagoa de Antela (p.96).

Respecto ao que nos interesa nesta breve recensión en relación co territorio do concello de Sandiás, cabe destacar por último o traballo do antropólogo Rafael Quintía sobre a mitoloxía da Limia a cabalo entre mouras, santas e raíñas. Un dos tema centrais e Santa Mariña. Non se menciona explícitamente no artigo a Santa Mariña de Piñeira de Arcos, pero as observacións feitas no texto resultas moi interesantes e esclarecedoras.

Pensemos que moi preto da Ermida, nun cumio máis alto está o posible castro-santuario do Monte Pendón e aínda máis arriba nas Cantariñas o “Peinador da Moura”. Pola contra, na falda do Monte de Santa Mariña houbo un petroglifo chamado “O penedo da Cabra”.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?