Como titulaba algún medio dixital de prensa da Comarca da Limia, “Toda a Limia se deu cita en Sandiás”. E non é para menos porque tanto o proceso como o produto de Blaz González resultou expléndido e seguro que removeu moitas memorias e alentou futuros posibles e esperanzadores para a comarca.
O sábado 18 de novembro, no salón de actos do Concello de Sandiás comezou o acto de presentación cunhas primeiras palabras de saúdo do alcalde Felipe Traveso dando as grazas aos patrocinadores (ABANCA e a Deputación de Ourense) e ao propio Blas, autor da exposición; unha presentación contextualizando a obra de Blas no conxunto doutros discursos e prácticas levada a cabo polo concelleiro de cultura Pepe Gándara e en terceiro lugar o protagonista, Blas González desenvolveu ampla e didácticamente a gramática da súa obra mediante o seu instrumento preferido, o seu cámara fotográfica.
Nun segundo momento visitouse a exposición na Sala de exposicións do mesmo concello situada en dúas alturas contiguo e nun edificio que fixo as delicias dos asistentes pola súa magnífica restauración e que serviu de marco expléndido para a exposición. Nun terceiro momento no local social contiguo ofreceuse un ágape onde todos os participantes compartiron impresións, sensacións, emociones, etc.
Desde o Concello de Sandiás, moitas grazas aos patrocinadores, a prensa comarcal (Dende a Limia que cubriu o acto) e de xeito especial ao propio Blas González pola súa decisión de poñer en marcha en Sandiás este proxecto sobre A Limia e a todos os numerosos participantes que quixeron compartilo connosco. Grazas.
Deixámosvos unhas cantas imaxes da inauguración da exposición para que gocedes os que non puidestes estar.
#Fotografía: Julia Marqués, Nancy Blanco, Loca Rico, Luz Nocelo, Pepe Gándara.