A Brigada de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais e a limpeza da Rede de Camiños do Concello de Sandiás

Continúa a limpeza e desbroces, especialmente na rede de camiños, especialmente forestais dos montes e tamén dos que conectan os diferentes núcleos de poboación. Non se afirma nada novo si se pon de manifesto o abandono dos nosos montes, soutos e carballeiras e con eles a rede de antigos camiños que vertebran o territorio das distintas aldeas do concello.

Nas corredoiras ou camiños de carros, nos camiños de monte en desuso na sua meirande parte dado o abandono dos montes, nos sendeiros ou “carreiros”, camiños estreitos para persoas e animais, polas canellas ou corredoiras moi estreitas e por vreas ou corredoiras anchas está traballando fai dous meses a Brigada de Prevención e Defensa contra Incendios.

Deixamos un amplo álbum de fotografías que amosa as súas actuacións nalgúns camiños que parecen similares pero que conteñen moitas singularidades como a súa estreiteza, os seus muros de acotamento con muros de pedra a xunta seca, con belas curvas de trazos meandriformes , poboados de carballeiras de agradecidas sombras, etc.

  • Camiño das Cabras (Couso-Vilariño)
  • Camiño da Mourisca (Couso)
  • Camiño do Regato (O Regueiro, Piñeira)
  • Camiño das Cantariñas
  • Camiño A Castelaus (Cerredelo)
  • Camiño dende Cerredelo ata Vilariño das Poldras
  • Camiño ao carón do Pozo do Rouso e arredores (O Castro)
  • Camiño do Forno (Cerredelo)
  • Tanque da aldea de Cerredelo
  • Depuradora da aldea de Cardeita
  • Depuradora da aldea de Sandiás
  • Camiño da Nogueira
  • Camiño do Castrón (Novaiño)
  • Camiño da Verea Bella a altura da Nogueira en dirección A Ponte
  • Camiño da Fonte da Castiñeira (A Fontela)
  • Camiño do Bosque (A Fontela, Piñeira)
  • Camiño a catación de augas fecais da Fontela
  • Camiño do Bouzo (Piñeira)
  • Camiño de A Pedreira (Piñeira)
  • Camiño de A Ramasilla (Couso)
  • Camiño de A Pega (Piñeira)


Así mesmo, dende o mes de maio, segue a actuar un tractor desbrozadora cedido pola Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia realizando desbroces preventivos de cunetas por todo o concello e estiveron traballando brigadas de limpeza polas aldeas dos núcleos de poboación. Unha delas en base ás subvencións concedidas por Aprol (fomento do empleo no medio rural). Adicados especialmente a limpeza de beirarrúas, cunetas e outros espazos públicos no interior dos aldeas. Tamén estivo realizando labores de limpeza o Obradoiro de Xardinería posto en marcha en colaboración co Concello de Xinzo de Limia.

Respecto a limpeza na contorna das vivendas compre seguir lembrando e animar a veciñanza a que se leve a cabo nos prazos establecidos pola lei. Cada ano que pasa apréciase sensibilización crecente na limpieza e desbroce pola iniciativa dos particulares. Compre seguir crecendo en sensibilidade na limpeza e desbroce das áreas de biomasa da contorna dos núcleos de poboación tanto nas parroquias non priorizadas como na priorizada (Santo Estevo de Sandiás).

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?