Adxudicado un todo terreo tipo Pick-Up Nissan Navara ao Concello de Sandiás para a mellora do servizo de emerxencias a través da Asociación de Voluntarios de Protección Civil

Adxudicado ao Concello de Sandiás pola vía da línea 1 de subvencións, un vehículo todo terreo tipo PICK-UP, que contribuirá a mellora dos servizos de emerxencia municipal. A entrega do novo coche todo terreo levouse a cabo o sábado 19 de marzo pola mañá na Praza do Obradoiro en Santiago de Compostela, por parte do Vicepresidente Primeiro da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela.

Na mañá do luns, 15 de novembro, vén de publicarse no Diario Oficial de Galicia a resolución do 4 de novembro de 2021 da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, pola que se resolve a adxudicación para o ano 2021, en réxime de concorrencia competitiva de equipamentos de emerxencias a concellos de menos de 50.00 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos, confinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco de programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.

Este equipamento está sendo adquirido con programa operativo Feder-Galicia 2014-2020, eixo 5 “Promover a adaptación ao cambio climático e a prevención e xestión de riscos” e prioridade de investimento, 5.2 “Fomento do investimento para facer fronte a riscos específicos, garantindo unha resiliencia fronte a catástrofes”.

Nos últimos anos por parte da Xunta de Galicia fíxose un esforzo importante no aporte de medios de emerxencias a través da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior e AXEGA de Vicepresidencia da Xunta aos concellos para a súa utilización polas AVPC e/ou servizos de emerxencia municipal cunha inversión total de 14 millóns de euros en toda Galicia e de máis de 5 millóns de euros na provincia de Ourense.

Os voluntarios da Agrupación de  Proteccion Civil de Sandiás  terán a partir de agora  máis e  mellores medios para afrontar  as  emerxencias e para colaborar con  outros  concellos  nas  mesmas. Os nosos voluntarios de Protección Civil son un piar fundamental na atención as emerxencias. En moitas ocasións son os primeiros en chegar e, polo tanto, necesitan contar co equipamento necesario para coidar das necesidades dos cidadáns nas mellores condicións.

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?