Última información actualizada:
NOVAS MEDIDAS APLICADA A PARTIR DO VENRES 16 DE ABRIL ÁS 00:00
- Mantense o peche perimetral da Comunidade.
- O toque de queda amplíase das 22:00 ás 23:00.
- Hostalaría:
- Mantense o peche de bares e cafeterías ás 21:00.
- Poden ofertar servicio de cea até as 23:00 -sempre e cando se respecte o toque de queda- ata as 23:00 os locais que cumpran os seguintes requisitos:
- Licencia de restaurante
- Cita previa e rexistro de cliente
- Garantizar calidade do aire e medición de CO2
- Residencias:
- Pódense realizar visitas, con cita previa e de forma individual
- Os maiores poden saír do centro residencial ata 3 veces por semana, cunha duración como máximo de 4 horas por saída.
Histórico de Bandos:
Dende Sanidade comunican a existencia de 5 casos activos de Covid-19 no noso Concello.
Debemos extremar a precaución e a prevención e manter o criterio de responsabilidadee prudencia no desenvolvemento de actividades e servizos para evitar a propagación do virus.
Recordamos novamente, a necesidade de cumprir estritamente todas as medidasditadas palas autoridades sanitarias:
- Uso obrigatorio da máscara en todo momento.
- Manter a distancia de seguridade.
- Lavarse as mans correctamente ou utilizar xel hidroalcohólico.
- Evitar tocarse os ollos, nariz e boca e boa hixiene respiratoria.
- Limitar os contactos sociais e cumprir as restricións en vigor.
- Lembrar que en caso de ter algún síntoma, contactar co 061 ou co teléfono deinformación para a cidadanía 900 400 116.
Comunícase a tódolos veciños que o día 7 de novembro as 00:00 queda restrinxida a entrada e saída entre outros, no Concello de Xinzo de Limia, pero poden ir alí polos seguintes motivos:
- Asistencia a centros sanitarios, servizos e establecementos sanitarios.
- Cumprimento de obrigas laborais.
- Asistencia a centros educativos.
- Retorno o lugar de residencia habitual ou familiar.
- Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes e persoas vulnerables.
- Entidades financieras, de seguros e gasolinera en territorios limítrofes.
- Acuacións urxentes en órganos públicos.
- Renovación de permisos e documentación oficial, trámites administrativos inaprazables.
- Forza maior ou situación de necesidade.
- Calquera outra actividade debidamente acreditada.
O ALCALDE
Comunícase a Orde do 27 de xullo de 2020 (DOG 28 DE XULLO 2020), da Consellería de Sanidade pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios.
No prazo máximo de 24 horas desde a súa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia, as persoas deberán comunicar os datos de contacto e de estadía na Comunidade Autónoma de Galicia que se recollen no anexo. Para tal fin, deberán cubrir o formulario dispoñible no enderezo https://coronavirus.sergas.gal/viaxeiros ou ben suministrando os datos no teléfono: 881 002 021.
Así mesmo tamén será posible a comunicación dos datos de contacto a través da aplicación que para estes efectos poida habilitar a Consellería de Sanidade.
Os datos debe suministralos a propia persoa ou o seu representante legal, que serán responsables de que a información recollida sexa veraz e precisa.
Sandiás, 28 de xullo de 2020
O ALCALDE
Asdo.: Felipe Taveso García.
Uso obrigatorio das mascarillas nas persoas de seis anos en adiante.
Quedan obrigadas ó uso de mascarillas na vía pública, en espazos ó aire libre e en calquera espacio cerrado de uso público ou que se atope aberto ó público, sempre que non resulte posible garantizar o mantenemento de unha distancia de seguridade interpersonal de alo menos 1,5 metros.
Tamén quedan obrigados ó uso de mascarillas en autobús e ferrocarril, así como nos transportes públicos e privados complementarios de viaxeiros en vehículos de ata 9 prazas, incluido o conductor, se os ocupantes dos vehículos de turismo no conviven no mesmo domicilio.
As obrigas anteriores non serán esixibles para as persoas que presenten algún tipo de enfermidade ou dificultade respiratoria ou que pola súa situación de discapacidade ou dependencia, non dispoñan de autonomía para quitar a mascarilla, ou ben presenten alteracións de conducta que fagan inviable a súa utilización.
Tampouco será esixible no caso de exercicio de deporte individual ó aire libre, nin nos supostos de forza maior ou situación de necesidade ou cando, pola propia natureza das actividades, o uso da mascarilla resulte incompatible, con arreglo ás indicacións das autoridades sanitarias.
O incumprimento da obriga de uso de mascarillas será considerado infracción leve e sancionado con multa de ata 100 €
- Temos no concello un caso confirmado de contaxio por CORONAVIRUS, e dous casos pendentes de confirmación.
- Todas as persoas que estiveron en contacto con eles están avisadas e sendo observadas polos profesionais sanitarios correspondentes.
- Desde o Concello queremos mostrar o noso apoio ós afectados e ás súas familias, ofrecéndonos como sempre a colaborar con eles no que sexa necesario.
- Debemos seguir acatando as normas, canto menos contacto teñamos con outras persoas, menos posibilidades temos de contaxiarnos. QUEDADE NA CASA.
- Seguimos estando ó dispor de toda a xente do concello, para repartir alimentos se son necesarios, para levarlle medicación se é necesario, os teléfonos onde podedes chamar son de 09:00 a 14:00 h. Chamar ó 988 465 001, e fora de ese horario, chamar ó 674 304 088.
- Mañá xoves imos a desinfectar de novo o concello, NECESITAMOS QUE NOS BOTEDES UNHA MAN, OS AGRICULTORES QUE NOS POIDAN AXUDAR, POR FAVOR QUE SE POÑAN EN CONTACTO NOS TELÉFONOS ANTERIORES. ENTRE TODOS FARÉMOLO MELLOR E MÁIS PRONTO. POR SUPOSTO O CONCELLO PON OS MATERIAIS E AUGA NECESARIOS. GRACIAS.
Comunícase a todos os veciños do Concello que a partires do día de hoxe suspéndense todas as actividades organizadas polo Concello (baile, pintura, ximnasia) e tamén se supende a actividade a celebrar mañá venres día 13/03/2020 na igrexa. Se é necesario facer algunha xestión co Concello, trataráse de facer por teléfono ou telemáticamente, só se debe ir ó Concello se fora estrictamente necesario. O mesmo faremos en caso de ter que ir ó centro de saúde. Aconséllase lavar as mans con xabón a miudo.
O ALCALDE
Asdo.: Felipe Traveso
Dende a Xerencia da Área Sanitaria de Ourense do Servizo Galego de Saúde, comunican a existencia de catorce (14) casos activos de COVID-19 no Concello, distribuídos por varios pobos do mesmo.
Ante a situación epidemiolóxica da comarca, o sábado día 16 de xaneiro, realizarase un cribado no pavillón municipal de Xinzo de Limia; para detectar posibles casos de positivos asintomáticos e poder evitar a diseminación da infección entre a nosa poboación.
As persoas a cribar (mediante toma para PCR) serán citados por SMS.
Apélase, o sentido da responsabilidade para que as persoas que citen acudan a dito cribado, e poder detectar así casos positivos asintomáticos.