Comezaron as obras de humanización da rúa Sopenedo na aldea de Vilariño das Poldras, no Concello de Sandiás. Este proxecto contou cun orzamento de 48000 euros, financiado con cargo ao Plan Provincial para os Concellos 2021 da Deputación de Ourense e foi licitada e adxudicada a empresa CONSTRUCCIONES VISO E HIJOS.
O obxectivo desta actuación é principalmente mellorar a rede de abastecemento para lograr unha mellor calidade do servizo á poboación e satisfacer a demanda existente. Culminarase, como consecuencia das obras, co alfaltado da estrada que percorre a parte do pobo correspondente.
O Concello de Sandiás está inmerso últimamente en varias obras de mellora en materia de abastecemento e saneamento coa finalidade de renovar as redes deterioradas co tempo.