As reformas menores seguen o seu curso no Concello de Sandiás. Comprenden as seguintes accións:
- A progresiva instalación de papeleiras en diferentes puntos estratéxicos.
- A impermeabilización das bancadas en Sandiás.
- A instalación da rede de saneamento para a vivienda social nas Pegas, cun orzamento de 7199,50€.
- O arranxo do saneamento na aldea de Santa Ana, coa finalidade de evitar que as augas pluviais entren na fosa séptica, cun orzamento de 3206,50€.
- O progresivo amoblado da vivenda social da aldea de As Pegas, cun orzamento en torno a 8000€.
- A progresiva fixación vertical e limpeza de sinais de camiños e estradas secundarias en diferentes lugares do Concello.