Dúas novas marquesiñas na aldea de Couso de Limia

O Concello de Sandiás conta con dúas novas marquesiñas instaladas na aldea de Couso de Limia que substitúen a outras degradadas polo tempo. A actuación enmárcase no Plan de mellora de refuxios de paradas dos servizos públicos de transporte de viaxeiros e foron cedidas pola Xunta de Galicia.

Ultimamente o Concello vén de instalar varias marquesiñas en distintas aldeas (A Fontela, Sandiás, Piñeira de Arcos, Novaíño…) e continuará con dito Plan de mellora de refuxio de paradas. Ditas actuacións enmárcanse dentro do Plan de Mellora de Refuxios de paradas dos servizos públicos de transporte de viaxeiros que está a impulsar a Xunta, a través da Consellería de Infraestructuras e Mobilidade.

Trátanse de marquesiñas cun deseño máis integrado na paisaxe e adaptado ao mundo rural e con maior funcionalidade. Cumpren coas normativas vixentes de prevención de incendios e seguridade viaria.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.