En torno a 6500 euros inviste o Concello de Sandiás na renovación de varios elementos técnicos do Centro de Interpretación da Lagoa de Antela

O Centro de Interpretación da Lagoa é un centro formado por unha serie de equipamentos ou elementos técnicos dirixidos a ofrecer unha lectura do patrimonio e a comunicalo. Hai elementos técnicos que se deterioran polo tempo e uso e outros permanecían inactivos durante moito tempo.

En concreto, na sala 3 de proxeccións, cambiouse o canón de vídeo sobre pantalla grande moi desgastado e con fallos por unha gran monitor-pantalla de TV. Na sala 7 interactiva, púxose en marcha despois de moito tempo parada a Cámara IP teledirixida dende o centro de interpretación e que permite coñecer en tempo real o que acontece nas charcas monitorizadas das areeiras de Sandiás.

A instalación de novas cámaras foi posible grazas a unha subvención de cultura da Xunta de Galicia por un importe de 2997,62 euros, custando o proxecto total de instalación en torno a 3784,88 euros.

O Concello de Sandiás aportou diñeiro para a instalación de novos paneles solares para alimentar o funcionamento das cámaras por valor de 1168,86 euros e para a renovación do proxector da sala de proxección por un monitor-pantalla de TV cunha inversión de 1633,50 euros.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?