Entrega de premios do concurso «Coñeces o teu concello?» desenvolvido durante o confinamento

O 21 de Outubro pola tarde, desenvolveuse un sinxelo acto no Concello de Sandiás no que se fixo a entrega de premios don concurso “Coñeces o teu Concello?”, desenvolvido ao longo do confinamento. O primeiro premio foi para Andrea Feijoo Nóvoa (14 acertos), que recibiu do concelleiro de cultura, Pepe Gándara, o libro Antela, Memoria Asolagada, un escudo do concello e o pin do mesmo.

O segundo premio e terceiro premio correspondeulle a Antía García Cid (13 acertos) e Cristina Blanco Cabrera (12 acertos), respectivamente. Recibiron os premios da man da concelleira da área social e participativa, Pilar Cabrera, sendos escudos cos pin do Concello.

Os premios foron entregados en nome do Alcalde, Felipe Traveso, pondo en valor a participación dos veciñ@s por mellorar o coñecemento do patrimonio natural, histórico-artístico, etnográfico e musical do Concello.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.