Estado de implantación da fibra óptica no Concello de Sandiás

O Concello de Sandiás segue a traballar, en colaboración co Goberno Autonómico e Central, para que a fibra óptica sexa unha realidade no Concello. O alcalde, Felipe Traveso, mantivo onte día 3 de novembro de 2020 unha reunión telemátia cunha representante de Movistar que o informou do estado de implantación da fibra óptica no Concello.

O rexidor informou que xa existe fibra óptica en servizo nas aldeas de A Fontela, Arcos, Piñeira de Arcos, Sandiás, Coalloso, Couso de Limia e Vilariño das Poldras. Nestas aldeas xa se pode instalar fibra óptica con calquera operador de internet.

Por outra banda, están en proceso de instalación de fibra óptica en Santa Ana, Ladeira, A Chousela, A Corga e A Lavandeira. Según informa o alcalde, nestas aldeas a fibra óptica poderá instalarse nos domicilios antes de que finalice o mes de Xaneiro de 2021.

Ademáis, está pendente o informe de enxeñaría na aldea de Cerredelo é en canto o teñan tamén se poderá instalar a fibra en dita aldea. Está pendente de adxudicación nas aldeas de Cardeita e As Pegas.

Por último, quedan as aldeas de O Castro, Zadagós e Novaíño, que aínda non saíron a concurso e, polo tanto ,non hai adxudicación do servizo, pero agardase máis pronto que tarde levar a fibra óptica a todas as aldeas.

Segundo informa o alcalde, o máis custoso é estender as redes principais ou redes de alimentación e transporte. Unha vez instaladas, as redes de distribución que dan servizo aos domicilios particulares son máis rápidas e económicas.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?