Na sesión plenaria que o pleno do Concello de Sandiás celebrou esta semana modificouse o prezo público pola prestación do servizo do Punto de Atención Infantil (PAI) da localidade. O alcalde, Felipe Traveso, explicou que dita modificación concretouse na fixación dun coste mínimo mensual que non estaba determinado.
Ata agora existía un prezo máximo de 100€ ao mes, de modo que si non se chegaba a dita cantidade, facturábase por horas. Si unha praza se ocupaba durante dúas horas nun mes, abonábanse soamente esas dúas horas. Ahora, estabécese tamén un prezo mínimo de 30 euros de modo que aínda que non se faga uso do servizo esas dúas horas, terase que abonar esa cuantía. A decisión está baseada na reorganización dos recursos do concello, debido principalmente a situación complicada que se está a vivir no momento actual.
O Punto de Atención Infantil (PAI) de Sandiás é un servizo con función asistenciais e educativas que se presta dende hai anos e que cada ano logra encher as 20 prazas que oferta. Está aberto dende as 8.00 horas da mañá ata as 20.00 horas da tarde. Este ano 2020 están todas as prazas cubertas de nenos e neas de cero a tres anos procedentes de Sandiás, e tamén de outros concellos limítrofes