Manuel Fernández Vidal, homenaxe a un gran cura en San Bieito de A Uceira, Sandiás

Xa no ano 2017, como cada luns de Pascua no monte de A Uceira, en Sandiás, congregáronse centos de romeiros para honrar a San Bieito, presidindo a misa maior Xosé Rodríguez Carballo, arcebispo de Belcastro e secretario da Congregación para os Institutos de Vida Consagrada, tamén fillo das terras da Limia que tanta devoción teñen polo Santiño. Carballo encomiou naquel momento o labor do párroco de Sandiás Manuel Fernández Vidal, do que dixo que “conseguira elevar ao rango de santuario o que na súa orixe non era máis que unha pequena ermida e pediu tamén ao alcalde de Sandiás, Felipe Traveso, apoio do Concello na medida que poida para manter e potenciar o lugar.

Pois a mañá do luns 18 de abril de 2022 será intensa en Sandiás, concretamente na Ermida-Santuario de San Bieito de A Uceira nun gran acto de homenaxe ao noso párroco que leva traballando preto de medio século na chaira Limiá, e que é moi querido nas tres parroquias do termo municipal, especialmente pola de Santo Estevo de Sandiás onde exerceu máis anos.

Réndeselle homenaxe por iniciativa do Concello de Sandiás, cunha eucaristía presidida polo bispo da Diócese de Ourense, D. Leonardo Lemos  Montanet, poñendo en valor a súa enorme actividade restauradora e  revitalizadora do patrimonio natural, relixioso e etnográfico, convertindo San Bieito de A Uceira  nun lugar de “ peregrinatio” relixiosa, nunha contorna de gran valor ecolóxico, lugar de descanso e boas vistas así como nun centro de fraternidade veciñal a través da gastronomía e a música.

De seguro que verá recoñecida a súa traxectoria o luns 18 de abril ao mediodía por parte de autoridades eclesiásticas, civís e especialmente polo pobo.

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?