Melloras no abastecemento de augas no Concello de Sandiás cun orzamento de 50000 euros

A Vicepresidencia Segunda e a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes estableceu os criterios adicionais para a distribución do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local destinado aos concellos de Galicia con poboación inferior a 15000 habitantes. Por delegación do Vicepresidente Segundo e conselleiro da Xunta de Galicia, asignóuselle ao concello de Sandiás un orzamento de 46000 euros destinado a modernización e a mellora das redes de abastecemento municipal.

Disto investimento completouse coa achega do propio concello de Sandiás por un importe de 4000 euros.

En concreto, as intervencións que se levaron a cabo foron desenvolvidas na ETAP do Tesiño (aldea de Cardeita), concretamente colocación de tubaxe inoxidable, válvulas e retencións novas dende o pozo de extracción ata a planta potabilizadora. Tamén colocación de caudalímetros de auga bruta (magnético) e de auga tratada.

Asi mesmo colocáronse caudalímetros nas tuberías de entrada de auga dos depósitos da aldea de Couso, aldea de Sandiás e depósito de cabeceira do Novaiño. Por último, colocación de equipos de cloración automáticos en Sandiás e na propia ETAP.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?