Melloras no bombeo á estación de auga potable de Cardeita e o depósito de distribución do Novaiño

As intervencións de mellora divídense en dúas grandes accións. Unha primeira, consistiu en substituír o actual equipo de bombeo da  ETAP instalando un novo que garanta caudal e presión permanente grazas ao sistema de alternancia de bombeo en baixa. Unha segunda, consistiu en substituír os equipos actuais de “bombeo en alta” desde a  ETAP ao depósito distribuidor do  Novaiño, instalando un novo equipo de bombas  multicelulares logrando un arranque progresivo da instalación, control permanente de caudal e presión, actuación de bombas auxiliares en caso de avaría e significativo aforro de enerxía eléctrica.

A intervención de mellora foi executada e financiada ó 100% por Augas de Galicia por un valor de 48.020,67€ e o día 19 de maio, estando presentes o facultativo da administración contratante, o enxeñeiro director das obras e o representante da empresa adxudicataria, procedeuse á recepción da obra de referencia.

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?