Na Estrada Nacional 525, o Concello vén de instalar dúas novas marquesiñas, máis a xa posta no pobo de A Fontela. Unha na parada do autobús de Sandiás en dirección Ourense e outra en Piñeira, dirección Xinzo. Ambalas dúas encádranse dentro do Plan de Mellora de Refuxios de Paradas dos Servizos Públicos de Transporte de Viaxeiros que está a impulsar a Xunta, a través da Consellería de Infraestructuras e Mobilidade.
Trátanse de marquesiñas cun deseño máis integrado na paisaxe e adaptado ao mundo rural, ademais de con maior funcionalidade. Cumpren coa normativa vixente de prevención de incendios e seguridade viaria.