O Concello continúa coa instalación de tecnoloxía LED no interior das aldeas de Sandiás e na Patomela cunha inversión de preto de 40000 euros

Despois de varias fases de instalación de máis de 500 puntos de tecnoloxía LED en case todas as aldeas do concello, na séptima fase executouse a instalación no interior da aldea de Sandiás e na zona da Patomela.

En total 90 puntos, cunha inversión de 37443,81 euros aportados na súa maioría polo Fondo de Compensación Ambiental (Xunta de Galicia) e 7000 euros polo Concello. En total, a suma das inversións totais ata o momento ascende aproximadamente a máis de 300.000 euros. Operarios especializados pertencentes á empresa Elyte levan a cabo os traballos de instalación.

Con esta nova tecnoloxía LED o concello adapta de xeito progresivo as instalacións á normativa vixente e aos niveis de iluminación regulamentarios, gaña en sustentabilidade ambiental, na mellora da eficiencia enerxética e nun significativo aforro económico que se poderá destinar a outros proxectos sociais e e servizos do Concello.

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?