O Concello de Sandiás incrementa nun 12,16% os orzamentos para o ano 2021

O Concello de Sandiás incrementa nun 12,16% os orzamentos para o ano 2021. As liñas mestras do orzamento son: servizos sociais (35%), servizos básicos e cultura (28,10%), gasto de persoal (30,46%) e investimento real (6,44%). O orzamento quedou aprobado en pleno o día 16/11/2020, con sete votos a favor (Agrelsán) e dúas abstencións (Partido Popular).

O Concello de Sandiás, baixo a dirección do alcalde Felipe Traveso, xestionará un orzamento de 1.036.866,54€ en 2021, destacado por un incremento do 12,16% con respecto ao de 2020. Un orzamento real xa que deixa á marxe as subvencións aprobadas de entidades externas. O gasto de persoal supón o 30,46% e xestionase con él todos os servizos municipais para atender novas necesidades e reforzar a atención dos servizos sociais comunitarios. Nos últimos anos incrementouse para facerlle fronte aos contratos do persoal de Axuda no Fogar e do Punto de Atención Infantil (PAI), de titularidade municipal.

As actuacións na área de servizos sociaisservizos públicos básicos, educación e cultura representan un 63,10% do orzamento.

Un dos puntos importantes polo que o equipo de goberno de Felipe Traveso volveu apostar ten que ver coa conxelación de impostos municipais tales como o lixo ou a auga, así como a taxa por emprego do velorio así como taxa polo uso do Punto de Atención Infantil (PAI). Tamén é destacable que a débeda pública do concello é cero sendo o período medio de pago a provedores de 11 días.

Tendo en conta que estamos nun escenario que obriga a reforzar transversalmente os servizos e actividades sociais fundamentais, os orzamentos priorizan varias liñas de actuación:

a) Servizos sociais públicos e dinamización do emprego, coa conxelación dos impostos municipais, mantendo o servizo de axuda no fogar para a atención a dependencia, fortalecendo o “Programa Básico de Inserción Social”, completando o proxecto de rehabilitación de infraestruturas adicadas a vivendas sociais e dotando unha partida para obradoiros de emprego.

b) Mellora das infraestruturas e equipamentos: continuar coa rehabilitación de antigas escolas de mestres adicadas a vivendas sociais. Está aprobada a reforma da escola de Santa Ana e o amoblado da escola de As Pegas. Esta última cedo sairá a concurso para a súa ocupación. Tamén se continúa coa mellora da rede municipal de estradas e camiños, a renovación e arranxo progresivo do mobiliario público, plan de aforro e eficiencia enerxética que pechou este ano a primeira fase de execución coa renovación de 370 puntos lumínicos LED en 10 aldeas do Concello e intervención sobre as fosas sépticas pendentes de mellora.

c) Cultura, educación e conciliación familiar: continúase coa subvención  á AMPA para a atención temperá, excursión fin de curso e acceso á piscina todas as semanas. Aposta por un programa cultural de actividades de primaveira, outono e inverno organizadas polo concello (baile, pintura e restauración, magosto, obradoiros de ximnasia, andaina&trail, semana micolóxica, exposicións…). Tamén a subvención para o campamento de verán que ten coma finalidade ofertar unha alternativa para o ocio no rural e ofrecer apoio no relativo á conciliación familiar. Se a situación da pandemia o permite, é intención do equipo de goberno manter as diversas programacións de actividades aplicando os protocolos preventivos establecidos.

d) Patrimonio, turismo e novas tecnoloxías: continúase coas actividades de posta en valor e divulgación do patrimonio. Tamén o inicio dun plan dirixido á transformación dixital do concello, que ten como finalidade mellorar o acceso á administración electrónica, garantir a protección de datos e a seguridade da rede dixital, favorecer a interacción do concello coa veciñanza e ofrecer unha información de calidade e mellor organizada.

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?