No día de onte, luns 31 de maio do 2021, celebrouse en Sandiás un pleno ordinario no que o portavoz de AGRELSAN levou unha moción pola que, se requería ó Presidente da Deputación de Ourense D. José Manuel Baltar Blanco, para que á maior brevidade posible, proceda a entrevistarse co Alcalde do concello de Sandiás, dado que fai xa case dous anos que non o recibe, tendo en conta que vai alá máis dun ano de pandemia e ten a necesidade de transmitirlle ás necesidades dos seus veciños, amosando claramente a súa vontade de colaboración co concello de Sandiás, cooperación da que tanto presume.
Como medidas adicionais, considerando o trato discriminatorio que se lle está a dar ó Concello de Sandiás, en comparación con outros concellos, remitirase esta moción unha vez aprobada polo pleno, ó Sr. Presidente da Xunta de Galicia, á Sra. Valedora do Pobo en Galicia e ao Valedor do Pobo en madrid, e no propio pleno acordouse, a proposta do Alcalde, remitila ás institucións da Comunidade Europea que se equiparen ó valedor do pobo.
A moción foi aprobada únicamente cos votos a favor do grupo AGRELSAN, votando en contra os concelleiros do Partido Popular. O voceiro do Partido Popular presentou unha enmenda de sustitución, que foi debatida tamén oportunamente no pleno e a cal foi rexeitada cos votos en contra dos concelleiros de AGRELSAN, votando a favor os concelleiros do Partido Popular.
No pleno tamén se aprobou unha modificación de crédito para acometer a parte que lle corresponde aportar ó Concello de Sandiás no convenio que vai a suscribir coa Confederación Hidrográfica Miño Sil, para o arranxo de dúas fosas sépticas no pobo de Cerredelo.
En Sandiás, a 1 de xuño de 2021.