A Orientación Laboral é un instrumento que o Servizo Público de Emprego de Galicia pon ao alcance das institucións para dar resposta ás necesidades. Este servizo persegue potenciar a empregabilidade formando as persoas, habilitándoas na elaboración dun currículo vitae, ofrecéndoslle técnicas para a búsqueda de emprego ou preparalas para as entrevistas de traballo.
A sede do Servizo de Orientación Laboral da Agrupación de Concellos de Xunqueira de Ambía, Baños de Molgas, Vilar de Santos, Sandiás e Vilar de Barrio, establécese no Concello de Vilar de Barrio, onde a persoa especializada contará cun despacho axeitado para a atención individualizada. A persoa orientadora desprazarase un día por semana a cada un dos concellos que integran a agrupación.
Dito servizo está subvencionado 100% pola Xunta de Galicia.