Paneis de lona de grandes dimensións instalados no Albergue de Peregrinos de Sandiás recrean o patrimonio viario do Camiño

O albergue forma parte da Rede Pública de Albergues do Camiño de Santiago en Galicia, en concreto do Camiño do Sudeste-Vía da Prata. O proxecto do Albergue naceu no ano 1998 e rematou a súa construcción no ano 2000. A redactora do proxecto e a directora de obra foi Elvira Carregado Pazos. No contexto do  Programa Cultural Xacobeo 2021, acometeuse un plan de melloras subvencionado pola Axencia Galega de Turismo licitadas en 48392,03 €, nas que se incluíu  a instalación de ditos paneis.

 

Da arquitectura dunha palleira tradicional a un edificio moderno e funcional

Sitúase o albergue ao pé da Vía da Prata que cruza Sandiás, entrando dende Xinzo de Limia a través das aldeas de Vilariño das Poldras e Couso de Limia. A idea primixenia do albergue de Sandiás xorde en torno a arquitectura dunha palleira tradicional. O aspecto exterior do edificio respecta a contorna mantendo o aspecto dunha edificación tradicional pero sen renunciar a criterios de diseño modernos e cun uso moi funcional. Destaca de maneira especial a fachada principal composta por unha orixinal celosía de lamas de madeira de cedro do Brasil. O edificio consta de dúas plantas e tódalas estancias están abertas cara o espazo central a modo de patio planificado como zona de estar. O albergue ofrece variados servizos.

Intervencións de mantenemento e melloras na posta en valor do patrimonio viario do camiño

Co paso do tempo producíronse unha serie de deficiencias que era preciso arranxar para que o edificio cumpra coas funcións para as que foi construído. Entre as varias reformas, foi preciso no interior substituír pequenas fotos colgadas nas paredes moi deterioradas. No seu lugar foron colocados paneis de lona de gran tamaño personalizados con imaxes que recrean varios elementos do patrimonio viario natural (lagoa de antela, areeiras de Sandiás) e histórico-cultural (cruceiro do santuario de San Benito da Uceira, bóveda de crucería e igrexa de Santo Estevo, pontiña do río Piñeira no tramo do camiño, miliarios romanos do Campo da Lama en Vilariño das Poldras, igrexa de Santa María de Couso de Limia e a Torre do Castro. Algúns elementos deste patrimonio levan como fondo as areeiras de Sandiás ao poñerse o sol coa presenza dun niño de cegoña branca.

As grandes láminas de lona van acompañadas dun fondo lineal en branco e negro que reproduce o camiño, os peregrinos e a Catedral de Santiago de Compostela.

A actuación prevista no albergue de peregrinos de Sandiás permitirá dar acubillo e mellorar os servizos que se ofrecen aos peregrinos que percorren o camiño que transcorre ao carón do complexo húmido Limia-Antela, Areeiras de Sandiás e ao carón da Igrexa de Santo Estevo, a Vía Nova e a Torre Medieval de O Castro, un territorio singular que supón un exemplo sobranceiro da acción conxunta das persoas e a natureza, mestura de patrimonio natural e patrimonio histórico-cultural.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?