Logo de que a Xunta de Goberno Local do Concello acordara iniciar os trámites para solicitar este servizo, o rexedor, Felipe Traveso, comunica que a petición foi atendida de forma favorable, por tratarse dun servizo moi empregado e que lle evitará aos veciños e veciñas numerosos desprazamentos.
Coa posta en marcha do Punto de Información Catastral (PIC), pódense realizar os seguintes trámites: consulta de datos catastrais non protexidos e certificación da referencia catastral, consulta e certificación de datos catastrais protexidos, polo titular catastral, representante ou autorizado; certificación negativa, e consulta polo titular catastral sobre información de solicitude de axuda da PAC.
A ubicación do servizo está na Casa do Concello. O horario de atención ao público é de 9.00 h a 14.00 horas de luns a venres.