O sábado 25 de Novembro ás 19.00 h tivemos o pracer de presentar no Concello de Sandiás o libro-cd de escritura coral «Oceanoe: Travessia polo mar das Antelas» onde estiveron implicados máis de 50 artistas. Porque OCEANOE é moito máis que un libro CD, é un proxecto impresionante no que participaron músicas e músicos como Luis Pastor, Uxía Senlle, Xurxo Souto, os Terra Morena, Sergio Tannus, Xosé Lois Romero, Celina da Piedade, João Afonso, A banda da Loba, Xabier Díaz… etc.
Moitas grazas ás 75 persoas que nos quixeron acompañar nesta singladura.
Abriu o acto o alcalde Felipe Traveso dando as grazas aos presentes e manifestando a súa ledicia pola gran asistencia o acto. Puxo en valor a cultura no rural e a importancia de que a veciñanza participe e se implique nela de forma activa.
Estivo presente Noemi Vn e parte do seu equipo de realización: Irene Veiga, autora do conto, As Xingras da Arca (pandereiteiras) , Lucia Cortiñas, produtora audivisual e Noemi Vázquez, produtora executiva que nos contaron polo miúdo os avatares da «Travessia» . O broche musical puxérono As Xingras da Arca con cinco magnificas interpretacións en directo cheas de forza e alento.
A mesma Noemí confesaba as dúas intencións do proxecto desenvolvido ao longo de tres anos e xalonado con todo tipo de avatares: preservar a memoria do moito feito na Arca e por en valor o patrimonio da comarca.
En definitiva trátase dun libro de 128 páginas con 19 temas musicais, coas seguintes #caraterísticas:
- Unha parte de #creaciónliteraria na cal se relata unha travesia imaxinada dende un punto de realismo máxico polo mar de Antela. Esta singradura é realizada nunha arca, embarcación lexendaria, que, a pesar do diluvio de realidade contraria a vida rural que nos tocou vivir, vai ser quen de recuperar a memoria e a vitalidade de lugares inesquecíveis da Límia, para que sexan coñecidos e valorados por os/as leitores/as do libro.
- E outra #parteaudiovisual composta por 19 videos musicais de diferentes artistas de recoñecido prestixio no panorama musical galego.
Puxo final ao acto un ágape no Local Social de Sandiás onde se compartiron impresións e emocións do vivido.
Grazas Noemí. Na presentación tod@s os presentes disfrutamos tanto coma ti dos «sabores, aromas, texturas e emocións» deste parto creativo máxico.