Presenza institucional de Felipe Traveso na toma de posesión do presidente da Xunta, Alfonso Rueda

O sábado, 14 de Maio, o concello de Sandiás a través do seu alcalde  estivo presente na toma de posesión do Presidente da Xunta, Alfonso Rueda. Nas fotografías adxuntas podemos ver o noso alcalde en compañía de Carlos do PP de Xinzo, do alcalde de Noia, segunda patria de Felipe e de Josefa, veciña da nosa aldea de A Corga, que traballa en Protocolo.

 O acto de toma de posesión arrincou ao redor das 12 horas, coa lectura do decreto de investidura por parte de Miguel Santalices. A continuación, Rueda xurou e procedeu a pronunciar o discurso programático.

Neste acto o novo presidente estivo acompañado, entre outras autoridades, polo presidente da Cámara galega, Miguel Santalices; pola vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, polo ex presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, alcaldes de diferentes localidades e outras autoridades.

 O Salón dos Reis quedou pequeno para acoller aos convidados que se deron cita no acto, polo que se habilitaron outras salas e corredores desde onde se puido seguir a toma de posesión a través de pantallas instaladas ao efecto. O acto concluiu coa interpretación do Himno de Galicia pola Banda de Gaitas da Deputación de Ourense.

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?