Realizadas múltiples reformas menores por valor de 76.000€ en Sandiás

O goberno local fixo balance das intervencións menores levadas a cabo dende que se levantou o confinamento. Nelas estiveron traballando institucións públicas a petición do Concello e outras nas que estivo implicado o propio Concello ao longo do verán e comezo do Outono.

En total, a inversión nas diferentes aldeas que integran o concello foi de 75.263,57€, cuantía que proviña de fondos propios da entidade local e de subvencións como “Empregabilidade” da Deputación de Ourense, “A prol Rural” ou o chamado “Plan Marco”.

As actuacións centráronse, especialmente, na limpeza de numerosos camiños municipais principais e secundarios así como sendas rurais esquecidas e intransitables pola maleza, tendo un papel importante as brigadas; arranxo do tanque da aldea de A Fontela; lixado e pintado de medio centear de farolas na contorna da Casa do Concello e máis alá; limpeza e organización dos xardíns ao carón da Casa do Concello; limpeza de cunetas, bacheado e reposición do pavimento de camiños; pistas e estradas coa colaboración da Deputación Provincial; renovación progresiva de sinais na estrada nacional 525 demandadas a Fomento; progresiva fixación vertical e limpeza de sinais de camiños e estradas secundarias, e arranxo de varios desaugadoiros para evitar a acumulación de auga durantes as fortes e continuadas chuvias.

Tamén participou a Axencia Galega de Turismo na renovación da sinalización das novas variantes do Camiño de Santiago no seu paso polo Concello. Reparouse mobiliario deportivo, houbo limpeza de fontes en Arcos e limpeza de captacións na aldea de Sandiás.

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?