O alumnado do Obradoiro de Emprego Lagoa III está a finalizar o traballo de acondicionamento do antigo posto de socorro da Cruz Vermella no Concello de Sandiás. Un obradoiro compartido entre os concellos de Sandiás, Sarreaus, Transmiras e Vilar de Barrio. A inversión da obra ronda os 5000€.
Trátase dunha intervención menor e de carácter funcional de cara a optimización das instalacións para o uso das brigadas de incendios e os operarios do propio Concello.
A remodelación inclúe revestimentos exteriores, novo zócalo de pedra, pintado do inmoble e dos canalóns. No interior, instalarase unha nova ducha para os operarios das brigadas de incencios, así como para as brigadas municipais. Parte do interior tamén se preparou para continuar realizando as funcións de almacén do Concello.
O novo espacio multifuncional está ubicado a escasos metros da Casa do Concello.