Non mes de setembro de 2022 comezou a reparación de varios camiños dentro do territorio do Concello de Sandiás. Ditas actuacións están incluídas dentro do Plan Extraordinario de Infraestruturas Agrarias 2021. Os camiños agrícolas do concello soportan moito tránsito de tractores e vehículos pesados o que supón que o seu firme se vexa moi afectado co paso do tempo, aparecendo fochancas, crecemento de vexetación herbácea nos bordes impidindo o drenaxe.
O centro directivo destas iniciativas corresponde a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. O orzamento de execución por contrata foi de 15504,52€.
En concreto, no territorio que abrangue o Concello de Sandiás os camiños obxecto de intervención ademáis dos de Cardeita, a Ladeira, Moreiriña, Mirador Terróns e As Veas, foron os de preto da aldea de Couso (pista que une a estrada OU-531 coa estrada nacional N-525), preto da aldea de Sandiás (no núcleo urbano) e A Ladeira (pista que une a antiga escola de Santa Ana coa aldea de A Ladeira). En todas elas leváronse acabo actuacións como desbroces e retirada de vexetación herbácea, limpeza de foxos con motoniveladora, refino e planeo do camiño.
A empresa que constrúe é a Empresa Excavaciones P. Prol, S.L.U.
Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.
Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.