Despois da primeira fase de instalación da iluminación pública con tecnoloxía LED en 10 aldeas do concello, con 370 puntos instalados e un investimento de 127000 €, nesta segunda fase ao abeiro da orde do 30 de decembro de 2020 do Fondo de Compensación Ambiental (Vicepresidencia) para o ano 2021, lévase a cabo o proxecto “Eficiencia enerxética, reducción da contaminación lumínica e protección dos ceos nocturnos na aldea de Couso de Limia”, cun orzamento de 40000 €. O Fondo de Compensación Ambiental aporta 30000 € e o Concello os 10000€ restantes. Na aldea de Couso de Limia instálanse 112 puntos de luz LED. A empresa adxudicataria foi Elyte.
Así mesmo instalaránse outros quince novos puntos de novo alumeamento público con tecnoloxía LED, tamén adxudicados a empresa Elyte, nas aldeas de Vilariño das Poldras, Couso de Limia, Sandiás, Santa Ana, Coalloso, A Nogueira, A Corga e Arcos, cun orzamento de 39015,85 €. A financiación provén dos recursos económicos que aporta o propio concello.
En total, en torno a unha inversión de 80000 €.
Con esta nova tecnoloxía LED o concello adapta de xeito progresivo as instalacións á normativa vixente e aos niveis de iluminación regulamentarios, gana en sustentabilidade ambiental, na mellora da eficiencia enerxética e nun significativo aforro económico que se poderá destinar a outros proxectos sociais e de servizos do concello.