Logo de aprobar en pleno solicitar á Xunta de Galicia unha subvención para afrontar as reformas, vén de concedela por un importe de 44. 269,42€.
As actuacións a realizar na antiga escola de propiedade municipal consistirán na súa rehabilitación integral en vivenda social (SATE en fachada, intervención na estructura, instalacións e redistribución interior).
As obras serán executadas nas anualidades 2020-2021. Nesta línea de creación de vivenda social e de rehabilitación do patrimonio inmoble en estado ruinoso, hai que situar as xa executadas: unha vivenda rehabilitada na aldea de As Pegas, dúas vivendas na aldea de Piñeira de Arcos e outras dúas vivendas na aldea de Couso de Limia, que xa están ocupadas.