A Xunta de Galicia vén de conceder 25.000€ en axudas para a contratación dun técnico que realizará actividades de orientación laboal nas entidades locais de Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Sandiás, Xunqueira de Ambía e Baños de Molgas. Ditas actividades teñen como obxectivo mellorar as posibilidades de ocupación das persoas demandantes de emprego nun momento no que estamos a vivir unha dura situación económica, social e laboral e apoiar ás persoas que o precisan na realización do seu currículo ou na preparación de entrevistas de traballo.