Un cento de visitantes pasaron polo Centro de Interpretación Lagoa de Antela

Despois da apertura do centro no pasado mes de Xullo, o Centro de Interpretación da Lagoa de Antela do Concello de Sandiás foi unha canle constante de visitantes dispostos a descubrir a historia da Lagoa de Antela e as particularidades do patrimonio histórico, artístico e etnográfico, así como as aves da comarca.

O técnico ou guía de turismo responsable foi Alexander De los Ríos por segundo ano consecutivo. O guía afirma que, pese á difícil situación derivada da pandemia do Covid 19, a exposición permanente non deixou de congregar visitantes, principalmente da zona da comarca da Limia pero tamén de Ourense e ata de A Coruña, Lugo, Madrid e Sicilia.

En total, lévanse contabilizado máis dun centenar de visitantes e agárdase que a tendencia siga en aumento nos próximos días e semanas. Dende o Centro de Interpretación da Lagoa de Antela lémbrase que a apertura regular da exposición finalizará o próximo día 9 de Outubro, polo que animan ás persoas interesadas a achegarse. A mostra ten as portas abertas dende o martes ata o domingo e dende as 16.00 horas ata ás 20.00 horas.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?