Na Revista Nós podemos encontrar cunha sección fixa titulada “Arquivo filolóxico e etnográfico de Galiza” na que se pretendeu acoller investigacións de campo de variada natureza etnográfica, filolóxica e folclórica así como toda clase de estudos que contribuían a mellorar o coñecemento do pobo galego.
Esta sección foi feita por Vicente Risco e no primeiro número de Nós xa se daba unha orientación das temáticas que abordarían. Entre varios asuntos, ocupa bastante espazo a literatura popular (refráns, contos, alcumes…), festas e medicina popular, entre outras. Ademáis, a sección contemplaba artigos largos adicados ao folclore de diversas zonas que se titulaban de maneira xenérica “Folk-lore de…”, onde aparece o noso “Resumo do Folk-lore de Sandiás” do noso veciño Urbano Santana.
Neste contexto, no número 7 da Revista Nós, Boletín Mensual da Cultura Galega, na páxina 7, aparece mecionada unha referencia ao noso concello, en concreto a millaria de Zadagós:
[…] Hai na nosa provincia outras cinco #millarias que com´ esta pertencen ó reinado dos Maximinos. Foron atopadas, unha na Portela do Home, outra preto de Xinzo,a terceira en Zadagós, Piñeira d´e Arcos, a cuarta en Riocaldo-Lovios e a quinta en Vilar de Santos […] «