Oficinas Xerais

As Oficinas Xerais do Concello de Sandiás sitúanse na Casa do Concello. Prestan servizos directamente e apoio a outras áreas do Concello.

Nelas atópase o Rexistro Xeral, e aténdese o Rexistro Electrónico. Tamén o Rexistro de Facturas e o Padrón Municipal.

Nas oficinas aténdese presencialmente aos usuarios, veciños, público en xeral, facéndoo así mesmo telefonicamente e a través das plataformas dixitais. Nela préstase información e asistencia aos interesados en todos os procedementos administrativos que son competencia do Concello de Sandiás, así como noutros procedementos administrativos conveniados ou en colaboración con outras administracións.

Realízanse tarefas que teñen relación con todos os servizos. A titulo de exemplo: de abastecemento de augas, iluminación pública, urbanismo e vivenda, infraestrutura viaria, subvencións, servizos sociais, actividades económicas, xestión tributaria e recadación.

Desenvólvense tamén tarefas relacionadas coa propia administración do Concello como son a convocatoria dos órganos de Goberno, contabilidade, persoal, contratos públicos, relacións interadministrativas, Secretaría, intervención, tesourería.

 

En que podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?