O Servizo de Xuventude é o departamento municipal encargado de organizar, xestionar e promover os programas destinados á poboación xuvenil do municipio, fundamentalmente á mocidade en idades comprendidas entre os 12 e 35 anos, aínda que tamén presta os seus servizos a persoas non incluídas nesta franxa de idade.
A Oficina Municipal de Información Xuvenil está relacionada directamente coa estructura da Rede Galega de Información Xuvenil seguindo a normativa da Dirección Xeral de Xuventude, dependente da Vicepresidencia da Xunta de Galicia, establecéndose lazos de coordinación entre ambas administracións.
Información, difusión e descentralización de convocatorias, cursos, premios e concursos, voluntariado, oferta de emprego, vivenda, etc.
Acompañamento e consello en todo o relativo ao eido laboral, profesional e académico. Consulta de dúbidas e posibles opcións de estudo e empregabilidade.
A mocidade ten á súa disposición a consulta de documentación especializada. Tamén ten a posibilidade de solicitar préstamos
de dita documentación.
Nas oficinas do OMIX pódese formalizar o trámite do Carné Xove, xa sexa a primeira vez ou por mor dunha renovación. Poden solicitalo todas as persoas de entre 12 e 30 anos.
O OMIX é o organismo encargado de programar e xestionar diferentes actividades dirixidas á mocidade como conferencias, seminarios, festivais e concertos, entre outros.
De luns a venres:
09:00 a 14:00
Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.