PAI - PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA

Que é?

O Punto de Atención á Infancia (PAI) é un establecemento encadrado nos servizos sociais dos concellos que ten como finalidade prestar unha atención de apoio aos pais, titores ou gardadores dos nenos e nenas de 0-3 anos cando concorran situacións ou circunstancias que lles impidan o seu coidado. Ademais, atenderán aqueles casos que respondan a necesidades puntuais.

Que servizos ofrece?

O obxecto do PAI é a prestación dunha atención asistencial e educativa en concellos con menos de 5.000 habitantes, que pola súa baixa poboación infantil ou outras circunstancias económico-sociais, precisan prazas para a atención do colectivo de nenos e nenas entre 3 meses e 3 anos.

É un instrumento de desenvolvemento rural, para facer fronte ás novas demandas e permite poñer á disposición das familias con nenos e nenas pequenos, un espazo de atención educativa para contribuír tanto ao desenvolvemento integral dos nenos e das nenas como á conciliación da vida laboral e familiar, pretando un servizo moi especializado e individualizado.

Información sobre o PAI

Municipal

1º Ciclo de Educacion Infantil: ciclo de 0 a 3 anos.

Consta dunha Coordinadora (mestra e psicopedagoda) e dúas Técnico-auxiliares en Educación Infantil (educadoras).

O P.A.I. está ubicado no Colexio Público de Educación Infantil e Primaria de Sandiás. Adaptouse parte da planta baixa do colexio, e cunha entrada independente a do colexio e cunha entrada independente a do colexio. No interior conta cunha aula de infantil con zona de xogos, zona de gatexo, a zona da cociña e comedor e a zona de descanso; zonas de asesos d@s nen@s e do persoal, despacho e almacén. Ademais, ten patio exterior propio, independente ao do colexio, con zona de arreiro e zona de xardín.

1. Solicitude de novo ingreso.

2. Fotocopia do libro de familia.

3. Fotocopia D.N.I. ou do pasaporte dos pais/nais ou titores.

4. Certificados de empadroamento dos pais e d@s nen@s e de convicencia, que será expedido polo Concello.

5. Fotocopia da última declaración da renda, de todos os membros da unidade familiar ou, no seu defecto, certificado emitido pola Delegación de Facenda que avale a súa non presentación.

6. Fotocopia da última nómina, do último recibo da cota da Seguridade Social (no caso de ser autónomos) ou fotocopia da tarxeta da Oficina de emprego (no caso de ser demendantes de emprego).

7. Outra documentación acreditativa doutras circunstancias susceptibles de puntuación.

8. Impresos.

9. Solicitude.

10. Administración de medicamentos.

11. Autorización recollida do neno/a.

Cueiros, toalliñas, comida (incluído cubertos propios), unha muda completa, mandilón (se o considera necesario), auga, babeiros, pañuelos de papel, pantuflas, xoguetes (opcional, no caso de que se traian deberán vir co nome do neno), biberón, chupete.

Información:
Horario de atención

Ininterrompido de

08:00 a 20:00

En que podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?