Punto de Información Catastral

Trátase dun novo servizo que incorpora o Concello de Sandiás. Trátase da posta en marcha dun Punto de Información Catastral, autorizado pola Dirección Xeral do Catastro e ubicado en entidades públicas locais. É un servizo moi utilizado pola veciñanza e evitará desprazamentos a medias e longas distancias.

O servizo ponse en marcha xunto con outros Concellos, como o de Vilar de Barrio.

Grazas a este novo servizo podrán realizarse as seguintes consultas:

  • Consultar datos catastrais non protexidos.
  • Certificar referencias catastrais.
  • Consultar e certificar datos catastrais protexidos polo titular catastral, o seu representante ou persoa autorizada.
  • Consultas sobre informacións relativas a solicitude de axudas da PAC.
Información
En que podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?