O proxecto Volveralpueblo.org é un servizo do Concello de Sandiás en colaboración co Centro de Desenvolvemento Rural O Viso, para darlle vida ós pobos e unha segunda oportunidade ás vivendas, negocios e terras que non se usan.
Este servizo, sen custo para as persoas participantes, conecta a familias interesadas en asentarse no medio rural con outras da zona que teñen casas ou outros recursos que queren dispoñibilizar. O persoal do CDR O Viso asesora e acompaña a familias que actualmente viven en cidades e que queren apostar polo rural para o seu futuro cunha atención integral para lograr a súa inclusión plena na comunidade de Sandiás e da Limia en xeral.
Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.