Auxiliar de Emprego

O servizo desenvolve traballos de orientación laboral e formativa. Traballa a empregabilidade de veciños e veciñas do concello e proporciona asesoramento para o deseño da oferta formativa, así como a elaboración do currículum, preparación e desenvolvemento de entrevistas de traballo e na procura do mesmo.

Atende ás persoas que precisan atención persoalizada en materia de emprego e mantemos en Sandiás, en coordinación co Servizo de Información Xuvenil (OMIX), un Facebook actualizado con novidades de traballo e ofertas formativas.

Neste ano 2020 inaugurase dito servizo común para cinco concellos que decidiron acollerse a el (Vilar de Barrio, Sandiás, Baños de Molgas, Vilar de Santos e Xunqueira de Ambía).

Dirección e teléfono
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.