Servizos Sociais

Os servizos sociais comunitarios teñen carácter local e polivalente, son a principal vía de acceso ao sistema de servizos sociais, garantizando a universalidade e a proximidade aos cidadáns.

A traballadora dos servizos sociais do concello de Sandiás realiza unha tarefa activa para mellorar a calidade de vida e a participación na sociedade de tódalas persoas e grupos do concello. As iniciativas desenvolvidas inciden especialmente nos cidadáns que sofren algún tipo de carencia, marxinación ou desatención selectiva.

Programas e Servizos

Ten por obxecto informar aos veciños e veciñas sobre os distintos dereitos e recursos en materia de servizos sociais, así como orientar e asesorar ás persoas e grupos afectados por problemáticas específicas, diagnosticar a situación e derivalos, se é necesario, aos servizos sociais de atención especializada.

O servizo de Axuda no Fogar está dirixido a tódala poboación. Gozan de prioridade aqueles cidadáns que presenten disfuncións ou discapacidades que limiten a súa autonomía persoal e a súa capacidade de relación social, e que teñan dificultades para procurar o seu benestar físico, social e psicolóxico. A estas persoas préstanselles unha serie de atencións e coidados de carácter persoal, psicosocial e educativo, doméstico e técnico e proporcionáselles a posibilidde de continuar no seu contorno natural, mentres isto sexa posible e convinte. Este servizo pódese complementar co programa de teleasistencia domiciliaria.

O servizo de educación e apoio familiar intervén en tres sectores moi importantes. A familia e a escola, os adolescentes e a muller. Trata de paliar nas familias as deficiencias presentadas e promover hábitos. Así mesmo, procura a prevención de futuras dificultades e a integración social dous seus membros a nivel profesional, escolar, etc.


O programa de educación familiar intervén en tres sectores moi importantes. A familia e a escola, os adolescentes e a muller. Trata de paliar nas familias as deficiencias presentadas e promover hábitos. Así mesmo, procura a prevención de futuras dificultades e a integración social dous seus membros a nivel profesional, escolar, etc.

É un servizo que o concello pon a disposición dos veciños e veciñas, para a dispensa de comidas a domicilio a persoas dependentes que o precisen.

Trátase dun programa que tenta dar resposta ou derivar as persoas en situacións de risco de exclusión social, aplicando proxectos de intervención social personalizados ou prestacións económicas específicas. Neste proxectos, teñen cabida os dirixidos á promoción e integración da comunidade xitana e outras minorías étnicas.

Facilita a participación en tarefas colectivas, impulsa o asociacionismo solidario e a coordinación do voluntariado social.

  • Información e tramitación de subvencións a fondo perdido para rehabilitación de vivendas no medio rural.
  • Asesoramento a persoas dependentes e aos seus familiares sobre os recursos existentes na Lei 39/2006, do 14 de Decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia.
Horario de atención

De martes a xoves:
09:00 a 14:00

Casos urxentes:
De luns a venres

Información

Horario de atención:
Ininterrompido de 08:00 a 20:00

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?