Mediante o programa de Internet nas Bibliotecas, instalouse na biblioteca do concello un Telecentro de acceso público e gratuíto para posibilitar o acceso a internet polos veciños/as. Este centro de acceso conta con dous terminais de acceso (dous ordenadores) e os correspondentes periféricos (impresoras, escáneres, etc.) para o acceso a Internet con banda ancha (ADSL).
Un telecentro é un local de acceso público, habilitado polo concello, onde se pon a disposición de tódolos cidadáns un contorno de acceso gratuíto a Internet. Para isto instálase un acceso a internet de banda ancha, unha rede local sen fíos e varios ordenadores e periféricos de uso público.
Os veciños e veciñas poden acceder libremente a este espazo para navegar pola Internet ou facer uso dos ordenadores e periféricos, e ata navegar como convidados desde os seus propios ordenadores portátiles.
O Telecentro é un espazo enfocado para desenvolver iniciativas vinculadas ás TIC. Neste espazo atoparás as novas tecnoloxías, converténdose así, nun centro de teletraballo e servizos telemáticos que nace coa pretensión de espallar os beneficios das tecnoloxías da información no ámbito rural, promocionar o teletraballo e formar empresas, traballadores e habitantes do concello e comarca e preparalos para a chamada Sociedade da Información.