Toma como modelo xeral a propia rede de hospitais medievais que, dependentes das ordes monásticas, militares, de iniciativa episcopal ou monárquica, atendían dende os primeiros tempos, as necesidades básicas dos peregrinos. A idea do albergue de Sandiás, en concreto, xorde en torno a arquitectura dunha palleira tradicional.
O aspecto exterior do edificio respecta a contorna mantendo o aspecto dunha edificación tradicional pero sen renunciar a criterios de diseño modernos. O paralepípedo queda cortado con plano dunha ampla viseira en ángulo as dúas fachadas exercendo a función de porche e protexendo dos axentes atmosféricos e cun uso funcional de estacionamento de bicicletas.
Destaca de maneira especial a fachada principal composta por unha orixinal celosía de lamas de madeira de cedro do Brasil e que sirve de peza fundamental para a iluminación do espazo interno.
O albergue dispón de vinte prazas máis dúas para discapacitados, accesibilidade para discapacitados, calefacción central, cociña-comedor sen utensilios, duchas, internet/wifi en zonas comúns, lavadoiro, microondas, salón de estar, tendedeiro de roupa, aparcamento de bicicletas e colchonetas auxiliares.
O edificio consta de dúas plantas e tódalas estancias están abertas cara o espazo central a modo de patio planificado como zona de estar. Na planta baixa sitúanse as zonas común de estar e comer e baixo a lousa da escaleira sitúase o control de acceso e un dormitorio para minusválidos. Na mesma planta, entorno a un corredor, están os baños, cociña, lavadoiro, almacén e tendedeiro. O acceso a segunda planta faise mediante unha escaleira que da a un corredor aberto e que conduce aos dormitorios da primeira planta e ós aseos.
Queres ler máis sobre a historia?
FONTES DE CONSULTA
Contacta co Concello para comunicar os teus comentarios, dúbidas ou suxerencias.