Na Baixa Idade Media, substituíndo aos “condados” e terras altomedievais aparecen os señoríos territoriais e xurisdiccionais, como novas divisións administrativas que terminarán consolidándose no século XVI e perdurando con lixeiras transformacións ata ao final do Antigo Réxime (comezos do século XIX). A Idade Moderna supuxo novamente no territorio da Limia a densificación da ocupación no espazo de transición chaira-primeiro anfiteatro, de xeito que rebordos da chaira e bacías dos ríos que confluen nela pasan a converterse nunha verdadeira nebulosa de puntos.
Respecto a concepción da arquitectura como espazo, a planta do edificio da igrexa está levantada a base de perpiaños de boa labra. Consta dunha nave rectangular de dous tramos entre contrafortes, con canzorros lisos baixo o beirado, un plesbiterio cadrado con bóveda de crucería xa renacentisa. Esta separada do resto mediante arco de triunfo, o que fixa unha maneira peculiar de concebir o espazo interior. As paredes da nave central están divididas en partes en base a contrafortes.
Esta igrexa serviu de modelo para outras da comarca. En 1584, o bispo ordenou que a igrexa de Xinzo se reconstruíse seguindo o exemplo da de Sandiás.
E outro detalle…
No seu interior consérvase un retablo do século XVII, obra do escultor Francisco de Moure, considerado un dos grandes mestres da escultura galega da época.
Queres ler máis sobre a historia da Igrexia de Santo Estevo?
FONTES DE CONSULTA
Contacta co Concello para comunicar os teus comentarios, dúbidas ou suxerencias.