O relato da vida de Santa Mariña señala a villa de Xinzo de Limia como o lugar do seu nacemento, nun entorno cercano a lagoa de Antela chamada Antiochía. Por entón, a comarca da Limia era unha poboación moi romanizada (Forum Limicorum), por onde transcurría a Vía Nova XVIII que unía as poboacións de Bracara (Braga) e Asstrurica (Astorga). Cando naceu Mariña, os romanos levaban nestas terras casi trescentos anos de colonización, dende a campaña de Décimo xuño Bruto (o “Galaicus”), no ano 136 a.C.