Un libro e un artigo para celebrar o Día do Libro en Sandiás

Todo é posible cando nos poñemos a ler. O Día do Libro é unha boa ocasión para coñecer máis sobre o noso concello de Sandiás, relendo ou comenzando a ler algo.

O libro da autoría de Alexander de los Ríos, publicouse na conmemoración do centenario da revista e a Xeración Nós cunha biografía inédita do sandianés Urbano Santana Feijoo, o único limiao que colaborou nesa prestixiosa revista. O libro tamén inclúe textos sobre Sandiás, a Lagoa de Antela e A Limia escritos polo xeógrafo Vicente Risco, o literato Otero Pedrayo ou o arqueólogo Florentino Cuevillas.

O artigo foi escrito no contexto da celebración dos 500 anos da Igrexa de Sandiás pola nosa  veciña do pobo de Sandiás, Belén Gómez Manso, que conta cun mestrado en Patrimonio. É a autora do artigo publicado no recente nº15 da revista Lethes sobre o retablo de Francisco de Moure da Igrexa de Santo Estevo de Sandiás. Fai un estudo sintético, claro, preciso e completo do retablo incluíndo os novos datos que ofrecen as investigacións máis recentes.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.