PAZO DO TELLEYRO
«Preto de onde en tempos se achaba a lagoa de Antela, rodeado do que agora son campos de cultivo, érguese maxestuoso o Pazo do Telleiro. Situado no concello de Sandiás, o pazo pasou por diferentes mans dende a súa creación ata o día de hoxe.»
HISTORIA

A etapa onde se enmarcan o renacer dos mosteiros e o nacemento dos pazos e casas grandes podémola enmarcar no chamado Antigo Réxime.  Ramón Villares refírese a ela co nome do tempo dos pazos e dos mosteiros, porque especialmente a vida da Galicia rural alentou entre “a espadaña da igrexa monástica ou parroquial e a solaina do pazo fidalgo” así como dunha forte impregnación de cultura barroca.

 

A fidalguía ten unha presenza notoria na comarca da Limia chamando a atención o excesivo número de nobres e fidalgos. A maior parte deles eran simplemente labregos e traballaban en oficios servís como arrieiros, xastres, carpinteiros, labregos. Moitos deles eran pobres e tiñan que traballar nas terras como o resto dos labregos. O resto vivía da súa explotación agraria, do cobro de foros e arrendamentos e do gando cedido en parcería. A fidalguía rural foi quén de situarse como un grupo intermedio entre a igrexa e os campesinos, viciando o sistema de foros de forma que lle subrendaban a terra aos labregos a prezos moi altos.

A palabra “pazo” etimolóxicamente procede do latín “palatium”. O seu oríxe é xurisdiccional e está vinculado os señoríos, castelos, desenvolvendo na estructura pacega o aspecto económico. Trátase dunha arquitectura de certa monumentalidade localizada prevalentemente no medio rural e cuxos propietarios residentes foron as fidalguías rurais que tamén o usaron como centro de explotación agrícola. Nel mestúrase a arquitectura popular galega con incrustacións arquitectónicas cultas do século XVI-XVIII pero no caso de Sandiás, todas de gran austeridade.

Queres ler máis sobre a historia do Pazo do Telleyro?

FOTOS
UBICACIÓN
En que podemos axudar?

Contacta co Concello para comunicar os teus comentarios, dúbidas ou suxerencias.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?